Galicia 1936-2011. Estudos sobre o filme de Carlos Velo (38', 2011) [con Pablo Cayuela]

Serie de 3 estudos sobre Galicia (Carlos Velo, 1935), co gallo da aparición,
en decembro de 2010, de novas bobinas con material perdido deste filme. O
1º e o 2º demostran a relación entre as 3 fontes existentes con imaxes de
Galicia:

Galicia, versión 8 min: a única copia conservada até o de agora, proxectada
nas XoCiViGa d’O Carballiño de 1985 (8’07’’)
Ispanija: filme realizado no ano 1939 pola directora soviética Esfir Shub, montado
a partir de imaxes de diversas procedencias, e no que se atopan parte das imaxes
rodadas por Velo para Galicia.
Bobinas: material depositado no CGAI en decembro de 2010 polo profesor
Vladimir Magidov. As tres primeiras bobinas, que analizando as colas fotograma
a fotograma se corresponden cos números 13694, 13696 e 13697, conteñen
16 minutos de Galicia. Sen son.

O 3º estudo ensaia unha hipotética reconstrución baseada en indicios derivados
da análise das transicións entre secuencias e máis en diversas declaracións do
propio Carlos Velo sobre a estructura do filme.

Traballo presentado con Margarita Ledo Andión.

estrea
XIII Congreso da Asociación Española de Historiadores del Cine: Aurora e melancolía.
O cine español durante a II República (Santiago de Compostela, marzo de 2011)
proxeccións
Cineclube de Compostela (xaneiro de 2012)
"Arqueología, apropiación y reinterpretación. Ramiro Ledo" en Pasajes de Cine - SLOWTRACK (Madrid, 15.02.2014)

Artigos sobre o filme:
-Galicia 1936-2011. Estudos sobre o filme de Carlos Velo (texto de apoio)
(Pablo Cayuela e Ramiro Ledo Cordeiro) [galego]

ESTUDO 1 (9', 2011)

ESTUDO 2 (5', 2011)

ESTUDO 3 (24', 2011)