(USC, Santiago de Compostela, marzo de 2011) [con Pablo Cayuela e Margarita Ledo]

Galicia 1936-2011. Estudos sobre o filme de Carlos Velo

O seguinte texto expón as conclusións tiradas da análise comparada
das tres fontes de Galicia (Carlos Velo, 1936). Para unha mellor comprensión,
nomearemos a cada unha delas como segue:

-Galicia 8 min.: a única copia conservada até o de agora, proxectada nas
XoCiViGa de 1985. (8’07’’)
-Ispanija: filme realizado no ano 1939 pola directora soviética Esfir Shub,
montado a partir de imaxes de diversas procedencias, e na que se atopan
parte das imaxes rodadas por Velo para Galicia.
-Bobinas: material depositado no CGAI en decembro de 2010 polo profesor
Vladimir Magidov. As tres primeiras bobinas, que analizando as colas fotograma
a fotograma se corresponden cos números 13694, 13696 e 13697, conteñen
16 minutos de Galicia. É a estas ás que nos referiremos. Sen son.

Galicia: filme de Carlos Velo filmado en 1936 do que, por non se atopar a día
de hoxe a copia final, se descoñece tanto a duración final coma a montaxe
definitiva dos seus planos. É o que nós propomos reconstruír a partir das
tres fontes anteriores.

Isto é: Galicia resultaría de combinar Galicia 8 min. + Ispanija + Bobinas.

Como concluiremos, existen indicios verificábeis de que faltarían algúns planos por
aparecer para acadar a copia definitiva de Galicia.

descarga o pdf

back