Vida Extra

Cada semana unha nova persoa millonaria
na lotería cinco máis complementario
agora está fóra de toda esta comedia
quen carallo quere o nome nunha enciclopedia
ti de cu, soñando cun mundo tabú
e se veñen cartiños cómpraslle un cardhú
uhh, había que ver o que vós facedes
tamén sei que non son mellor ca eles
na tele a sociedade dos tres ces
churri, casa, coche e que sexa un mercedes
se non tedes familia, mellor que vos droguedes
a droga dá unha morte -ssshh- para que te entregues
e outravolta, outro mes amoquinando
e cada vez máis lonxe do que pensaches
o neno non madura, non
vivo un soño de alcol que me evapora
Hai algo por aí afora?
Aínda que non o atope está esperándome
inspirándome, non lle sei o nome pero eu vivo así
detrás da enfermidade hai un mundo feliz
que chama por min
E teño o gancho de Kareem
pero nunca xogo ao básquet o meu
éche tendencia de atracción cara ao desastre,
míster máster

Lévame rápido e saca do peto
o que tes agachao embaixo do colchón
porque nunca virá unha ocasión para gastalo
como quixeramos os dous

Aí vou, coa panda montando pitanzas
non o creas, pero quedan esperanzas neno
cheiro underground, estou todo nicrao,
o Súpermario, pero sen ser pintao

I live in chandal pillados nas rebaixas
n'A Reixa bailando e rebentando caixas
por caxotos corazóns anacos de tarta
busco do que farta,
unha vida extra porque o tempo marcha
e o carto manda
pesa na balanza, o coco non alcanza
Onde está esa porta para outra galaxia?
Todo asfixia
Galicia pifia
Teño ansia de viaxar no TARDIS
co Doutor, con Harry, con Sarah Jane Parker
Doutor: que vai diagnosticare?

Malandrómeda, chegan tarde!

Unha vida extra
fóra deste lugar
extraterrestre
(x2)

Tiña un plan, pero non teño un can,
aforrarei comendo codia de pan.
Verdade que paga a pena?
Como as Supernenas.
Ai, que me dan?
eu son o fan number one delas
Escribireivos dende os mundos fantásticos
sobre aventuras en contextos románticos
un jacuzzi cheo de viño quente
e unha churrascada no Ritz de Nova Iorque
E segue o tic tic tac
Calquera día con 2pac pra Boisaca e non o contas máis
Non son Bruce Lee nin canto con Public Enemy
quero marchar de eiquí a un sitio que non existe
para non botar de menos cousas que xa non teremos
e que nunca máis veremos

[adiós regatos pequenos]

Son obscenos eses futuros enlatados
e que mal se me dan os videoxogos
viaxar, facer amigos novos,
pero conservar os vellos
cada mañán no espello cáenme os collóns de noxo
estouno tentando, quero ser guerreiro
mentres as movidas
---

Cuspo rap
live in chandal
afillao de Moncho e do General
antes de marchar nunha viaxe sideral
eu quixera preguntar:
Tades listos para berrar?

EEEE
AAAA
EEAA

–Mamaie!
–Papaie!

Unha vida extra
fóra deste lugar
(x4)
extraterrestre