("1280 Almas", Culturas, La Voz de Galicia, 27 de abril de 2013)

Vivir contra o presente

Aínda coas imaxes na retina de The Poor Stockinger, the Luddite Cropper and
the Deluded Followers of Joanna Southcott
(2012), película na que o escocés
Luke Fowler nos achega a figura do pensador marxista Edward Palmer Thompson,
Ramiro Ledo (Lugo, 1981) regresou estes dlas de Bos Aires, cidade na que tivo
Iugar a estrea mundial do seu filme VidaExtra durante a ultima edicion do Bafici.
Actualmente reside en Barcelona, onde traballa como realizador e montador
independente dende 2007, ano no que marchou buscando completar a sua formación
audiovisual -ali cursou estudos en cine documental e contemporaneo- e deixando
cravada no espello retrovisor unha importante experiencia como cineclubista. Cando
aínda era estudante en Santiago, volveu dunhas vacacións de Nadal cuns textos seus
sobre algunhas películas admiradas -entre elas, O home da camara de Dziga Vertov,
ou Shadows de John Cassavetes- e as ideas compartidas foron collendo xeito co
impulso dos primeiros anos da mocidade. Tempo despois, xunto con Ivan Cuevas,
Xan Gómez Viñas, Ivan Villarmea e Sepi Bazarra, acababa sendo un dos culpables das
proxeccións fundacionais do Cineclube Compostela. En 2005 armou o seu primeiro
filme, CCCV-Cineclube Carlos Varela, remontaxe das filmacions en super 8 do cineasta
lucense, ao que seguiron a curtametraxe O proceso de Artaud (2010) e
Galicia 1936-2011. Estudos sobre o filme de Carlos Velo (2012), mediometraxe a catro
mans con Pablo Cayuela. Apoiándose n'A Estética da Resistencia, a monumental novela
de Peter Weiss, VidaExtra naceu na véspera da folga xeral do 29 de sctembro de 2010.
Daquela, un grupo de cidadáns decidira ocupar o edificio do Banco Español de Crédito
na Praza de Catalunya de Barcelona. Estruturado en duas partes, cun limiar no que imos
vendo imaxes do Hotel Colón, antiga sede do PSUC en cuxos muros, durante os días da
ocupación, podía lerse unha pintada que rezaba Aixo no es crisi, se'n diu capitalisme, o
filme encara a dialéctica asemblearia coa realidade de cinco amigos anónimos cuxas
refiexions reflicten, a partes iguais, tanto o desexo dunha ruptura cos actuais patróns
socioeconómicos, coma o desacougo xurdido pola precariedade á hora de contrapoñeren
alternativas nos planos persoais e comunitarios. Ledo operou con valentia: VidaExtra
mete o dedo na chaga e escapa de visións condescendentes. Poderemos asistir á sua
primeira proxección no país o vindeiro mércores 1 de maio, no Cineclube de Compostela.

Diego Ameixeiras

artículo publicado en La Voz de Galicia